Acta 14 de Febreiro de 2025

Acta do Día na Xestión Colectiva da Casa do Pobo de Anceu 📅 14 de febreiro de 2025

Asistentes : Comisión de Xestión Colectiva da Casa do Pobo (Olga, Emilia, Ángel, África e Agustín).

Agus, Emilia, Ángel, África, Olga

Temas e Decisións Tomadas:

✍️ Escrito á Alcaldía : Fixemos e asinamos un documento para a Alcaldía pedindo a cesión da Casa do Pobo. Pedimos que se axilicen os trámites para que a propiedade pase á Alcaldía e así liberar ás asociacións dos custos de subministracións e mantemento.

📱 Comunicación: Acordamos enviar unha mensaxe por WhatsApp despois de cada reunión ao grupo de Augas e Montes para informar sobre os temas tratados e as decisións tomadas. Este resumo tamén se publicará no blog da páxina web https://casadopobo.com/articulos/

🔄 Liderazgo Rotativo: Vamos implementar un sistema de liderazgo rotativo cada dous meses para a xestión colectiva do grupo. O turno actual vai dende o 14 de febreiro ata o 14 de abril e recae en África, representante de Rural Hackers. Esta persoa terá un voto dobre en caso de empate nas decisións do grupo de xestión e representará á xestión colectiva en asembleas ou actos institucionais. Calquera membro pode rexeitar esta responsabilidade se así o desexa.

📅 Axenda de Actividade: Creamos o calendario de actividades na web da casa do pobo e como sempre enviaranse polos gupos de whatsapp https://casadopobo.com/calendario-de-eventos/.

🏠 Mantemento e Uso de Instalacións : Creamos un manual de uso para a Casa do Pobo que melloraremos con cada reunión, incluíndo como xestionar o uso do espazo

🎥 Vídeo Explicativo de Aparellos : Acordamos elaborar un vídeo explicativo sobre o uso do lavavajillas, o termo calefactor e a cociña, que será accesible mediante un código QR colocado na cociña para facilitar o seu uso a todos os usuarios.

💰 Finanzas e Contabilidade : Ángel actuará como tesoureiro dos fondos da casa do pobo para necesidades futuras. Actualizaremos unha folla de cálculo para levar a contabilidade e farase un pedido de 5 sacos de pellets para eventos, coordinado por Agus. Cada saco de pellets cobrarase a 10 euros (comprámolos a un prezo de aproximadamente 5,7) se son os correspondentes á Casa do Pobo. Se logo cada persoa que vaia usar a casa prefire traer os seus, pode facelo sen problema.

🚪 Puesto de Veciñanza Vacante: Lembramos que a xestión colectiva aprobada o ano pasado inclúe unha representante de cada asociación e dúas persoas veciñas independentes. Actualmente temos un posto vacante. Animamos a quen estea interesada en propoñerse e axudar na xestión da Casa do Pobo a que se presente.

Distintos temas que se tratarán no futuro
Temas Febreiro 2025

Temas Pendentes:

  1. Xestión da Cerradura Electrónica
  2. Cuotas de Uso Privado do Espazo
  3. Transformación da Oficina
  4. Etiquetado da Cociña

📅 PRÓXIMA REUNIÓN : A reunión concluíu co compromiso de abordar os temas pendentes na próxima reunión que terá lugar o próximo 28 de febreiro. Se queredes enviar propostas, queixas ou consultas, podedes contactar con Agustín Jamardo (626943874) e el as fará chegar en cada reunión ao equipo.

Seguiremos informando!!! Moitas grazas por leernos!!❤️

Apertas de Olga, Emilia, Ángel, África e Agustín 🥰

1 comentario en «Acta 14 de Febreiro de 2025»

  1. Os felicito por la motivación que os empuja y el rigor con que enfocáis toda esta gestión que no sale más que de vuestro propio tiempo y ganas de hacer las cosas bien.

    Muchas gracias!!

    Responder

Deja un comentario