A nosa historia

anceu, unha vila con historia

Orixe

A orixe de Anceu podería remontarse á época celta ou prerrománica xa que está situada a uns quilómetros da área arqueolóxica de Tourón, testemuña do paso de grupos celtas ou castrexos. No ano 825, durante o reinado de Alfonso II de Asturias, desenvolveuse a batalla de Anceu á beira do río homónimo, hoxe chamado río Oitavén, na que as tropas asturianas derrotaron ás hostes musulmás comandadas por Malik al-Qaisí, a quen o emir omeya Abderramán II encargara a conquista do reino de Asturias xunto co seu irmán Al-Abbas, derrotado e morto durante unha escaramuza coas tropas de Alfonso II en Piedrafita.

Chocolatada creativa, Febreiro 2023

Emigración

Durante os séculos XIX e XX, a emigración galega a América foi notoria, desde diversas partes do territorio foron en busca de novas oportunidades, xa que as condicións negativas por aquel entonces xeraron na poboación un masivo éxodo. Isto pode apreciarse na arquitectura de estilo indiano en moitas das casas de emigrantes retornados durante o primeiro cuarto do século XIX. As fachadas das mesmas marcan o estilo tan característico do norte brasileiro, en especial da rexión de Bahía.

Aquí podes visitar a web detas casas da contorna

anceu, unha vila con futuro

Poboación

Anceu é unha pequena poboación situada no concello de Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra. Actualmente, a súa poboación é de 163 habitantes, dos cales 84 son homes e 79 son mulleres.

A poboación de Anceu mantén vivas as súas tradicións e a súa cultura. Destacan as festas patronais en honor a San Juan, que se celebran a finais de xuño. Durante estas festas, a xente de Anceu e visitantes de fóra disfrutan dunha ampla variedade de actividades, como verbenas, pasarrúas, actuacións musicais e deportes rurais, pero sobre todo, A Danza Celta de Anceu, algo que sólo sucede en dita aldea.

Ademais das súas festas, Anceu tamén é coñecida pola súa riqueza paisaxística e natural. A poboación está rodeada de bosques de castiñeiros e soutos, así como de ríos e regatos que atraen a moitos visitantes amantes da natureza.

Anceu é un lugar tranquilo e acolledor, onde a súa xente vive en comunidade e na que se pode sentir o orgullo da súa historia e das súas raíces. É un lugar perfecto para quen busque un refuxio da cidade e un ambiente rural tradicional.

Pintada do antiguo depósito de agua. Agosto 20220

anceu, unha vila con arte

A Danza Celta

A Danza Celta é unha expresión artística moi popular e relevante na cultura de Anceu.

En Anceu, a danza celta é unha parte importante das festividades locais e das celebracións relixiosas, incluíndo a festa que se celebra no penúltimo fin de semana de setembro.

Esta festa é unha oportunidade para os veciños e visitantes de Anceu de disfrutar da música e da danza tradicional galega, incluíndo a danza celta. A través destas celebracións, a comunidade de Anceu preserva e celebra a súa cultura e tradicións únicas.

¿Queres organizar algo na casa do pobo?