Acta 28 de Febreiro de 2025

Acta do venres, 28 de febreiro 📅

Asistentes : Comisión de Xestión Colectiva da Casa do Pobo.

Ola!

Enviamosvos un resumo do que sucedeu na reunión do venres de xestión colectiva da Casa do Pobo , xunto cunha foto do equipo! 📸

📅🖼️ Axenda de Actividades : A comezos de cada mes enviaremos actualización de actividades que xa hai previstas. Ademais cada asociación enviará carteis individuais para cada un dos encontros con máis información detallada. Nuns días enviaremos a de marzo.

📷➡️🔄 Uso colectivo de espazos : Fixemos fotos do sala, oficina e cociñas para asegurarnos de saber como deixar os espazos despois de usalos. Tedes toda a información neste enlace que imos actualizando en cada reunión co Manual de Convivencia Casa do Pobo Anceu | Notion

🏢 Orden na Oficina : Xa ordenamos a oficina! Agora podemos usala mesmo cando hai varios encontros ao mesmo tempo. Aquí deixamos unha foto.

🍽️ Etiquetado da Cociña: Coordinamos o etiquetado da cociña, tarefa que desenvolverá a Asociación Veciñal para que sexa doado o uso e orden colectivo.

📜 Carteis de Uso Colectivo: Puxemos carteis sobre o uso colectivo do lavalouzas e o termo, e sobre a xestión colectiva da casa.

🏠 Proceso de Cesión : entregamos a carta ó Alcalde para axudarnos a axilizar o proceso de cesión. Estamos en marcha e xa tivemos o pasado xoves a visita do arquitecto municipal. Ademais, quedamos en contactar coas outras casas cedidas ao concello para ir preparando o proceso de coordinación.

📅 PRÓXIMA REUNIÓN EN ABRIL : A próxima reunión será en abril, onde abordaremos temas pendentes como a cuota e o uso da cerradura electrónica.

Esperamos que esta información vos sexa útil. Calquera dúbida ou comentario, non dubidedes en contactar con nós!

Seguiremos informando!!! Moitas grazas por leernos!!❤️

Apertas da Comisión de Xestión Colectiva da Casa do Pobo. 🥰

Deja un comentario